{"id":6065,"date":"2026-07-23T09:00:00","date_gmt":"2026-07-23T07:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/?p=6065"},"modified":"2026-09-21T11:22:27","modified_gmt":"2026-09-21T09:22:27","slug":"presentase-o-proxecto-saberes-do-monte-para-impulsar-un-modelo-de-monte-vivo-nas-montanas-galegas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/presentase-o-proxecto-saberes-do-monte-para-impulsar-un-modelo-de-monte-vivo-nas-montanas-galegas\/","title":{"rendered":"Pres\u00e9ntase o proxecto Saberes do Monte para impulsar un modelo de monte vivo nas monta\u00f1as galegas"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O proxecto <strong>Saberes do Monte<\/strong> celebrou este m\u00e9rcores a presentaci\u00f3n oficial na sede da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo. O encontro reuniu a preto de 70 asistentes, das entidades socias, instituci\u00f3ns colaboradoras, comunidades de montes, empresas e persoas vinculadas aos cinco territorios nos que se desenvolver\u00e1 o proxecto para compartir unha visi\u00f3n com\u00fan sobre o futuro dos montes galegos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O consorcio, integrado pola Fundaci\u00f3n Juana de Vega, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coru\u00f1a e a Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio, traballar\u00e1 durante os pr\u00f3ximos dous anos e medio, ata setembro de 2028, en cinco \u00e1reas piloto na Serra do Xistral, Negueira de Mu\u00f1iz, Os Ancares, O Courel e Serra da Groba, localizadas en doce concellos rurais: O Valadouro, Muras, Abad\u00edn, Ourol, Xove, Alfoz, Vilalba, Negueira, Cervantes, Folgoso do Courel, Oia e O Rosal.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A iniciativa promover\u00e1 actuaci\u00f3ns orientadas \u00e1 conservaci\u00f3n e restauraci\u00f3n de h\u00e1bitats de alto valor ecol\u00f3xico e ao impulso de actividades que contrib\u00faen a manter vivo o territorio. Farao co apoio da Fundaci\u00f3n Biodiversidad do Ministerio para la Transici\u00f3n Ecol\u00f3gica y el Reto Demogr\u00e1fico (MITECO), a trav\u00e9s do cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Tam\u00e9n colaboran co proxecto a \u00e1rea de Medio Rural, do Mar e Mocidade da Deputaci\u00f3n de Lugo, Caixa Rural Galega e a Fundaci\u00f3n Naiterra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Un proxecto que une conservaci\u00f3n e desenvolvemento rural<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A iniciativa aposta por reforzar actividades como a gandar\u00eda extensiva, o manexo tradicional de cabalos en liberdade, a apicultura e o ecoturismo, favorecendo a s\u00faa valorizaci\u00f3n a trav\u00e9s da marca colectiva <strong>Saberes do Monte<\/strong>. Ademais, promover\u00e1 acordos de custodia do territorio, actuaci\u00f3ns de restauraci\u00f3n ecol\u00f3xica e mecanismos innovadores de financiamento que contrib\u00faan a reco\u00f1ecer os beneficios ambientais e sociais xerados polas persoas que coidan o monte.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Durante a apertura da xornada, as entidades promotoras coincidiron en destacar a importancia de impulsar un modelo de conservaci\u00f3n baseado na colaboraci\u00f3n entre administraci\u00f3ns, comunidade cient\u00edfica e poboaci\u00f3n local.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na benvida institucional, Iria Castro, deputada da \u00e1rea de Cultura, Patrimonio Hist\u00f3rico Art\u00edstico, Normalizaci\u00f3n Ling\u00fc\u00edstica e Memoria Hist\u00f3rica da Deputaci\u00f3n de Lugo, sinalou a conexi\u00f3n do proxecto Saberes do Monte coa acci\u00f3n pol\u00edtica da \u00e1rea de Rural, con iniciativas e programas propios dirixidos a apoiar modelos de xesti\u00f3n sostibles e vinculados ao territorio. Neste sentido, valorou a transversalidade dunha marca colectiva que dar\u00e1 valor non s\u00f3 a produtos agroalimentarios, sen\u00f3n tam\u00e9n a modelos de xesti\u00f3n e formas de vida no rural, que son o resultado da experiencia e do co\u00f1ecemento sobre a natureza acumulado durante xeraci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pola s\u00faa banda, Jos\u00e9 Manuel Andrade, director da Fundaci\u00f3n Juana de Vega, destacou que \u201cos h\u00e1bitats de maior valor ecol\u00f3xico existen porque durante xeraci\u00f3ns houbo persoas que coidaron o monte desenvolvendo actividades tradicionais. Por iso, un dos grandes valores deste proxecto \u00e9 que sit\u00faa no centro \u00e1s persoas e aos saberes que fixeron posible ese patrimonio natural. Non se trata s\u00f3 de conservar h\u00e1bitats, tr\u00e1tase tam\u00e9n de reco\u00f1ecer socialmente a quen leva d\u00e9cadas prestando un servizo que beneficia ao conxunto da sociedade\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Finalmente, Jos\u00e9 Manuel L\u00f3pez, director comercial de Caixa Rural Galega, afirmou que &#8220;desde o primeiro momento tivemos claro que queriamos formar parte de Saberes do Monte porque compartimos o seu compromiso cun rural vivo e cunha xesti\u00f3n sostible do territorio\u201d. Tam\u00e9n apuntou que &#8220;o proxecto demostra que a colaboraci\u00f3n entre entidades \u00e9 fundamental para impulsar iniciativas que xeren beneficios ambientais, sociais e econ\u00f3micos no rural\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A continuaci\u00f3n, representantes das entidades socias achegaron os antecedentes do proxecto, os seus obxectivos, as principais li\u00f1as de actuaci\u00f3n e os pr\u00f3ximos fitos previstos nas cinco \u00e1reas piloto. A presentaci\u00f3n foi a cargo de Beatriz Su\u00e1rez, directora da \u00e1rea de Desenvolvemento Rural da Fundaci\u00f3n Juana de Vega; Ram\u00f3n Alberto D\u00edaz, profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela; Laura Lagos, investigadora da Universidade da Coru\u00f1a; e \u00d3scar Rivas, secretario da Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>A experiencia do territorio, protagonista do encontro<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A segunda parte da xornada deu voz \u00e1s persoas que viven e traballan nas \u00e1reas piloto do proxecto: Isolina Rodr\u00edguez, secretaria da Asociaci\u00f3n de Propietarios do Monte de Piornedo (Cervantes); Marcos Reinoso, promotor da iniciativa P\u00eda Paxaro &#8211; Sendeiros da Natureza (Folgoso do Courel); Alejandro Fern\u00e1ndez, presidente da CMVMC Frexulfe (O Valadouro); e Marta Li\u00f1ares, comuneira da CMVMC de Barcela e Vilaux\u00edn (Negueira de Mu\u00f1iz). Durante o coloquio coincidiron en destacar o valor que achega para as comunidades locais a participaci\u00f3n neste tipo de proxectos, xa que lles permite acceder a co\u00f1ecemento t\u00e9cnico e formar parte de redes e espazos colaborativos que axudan a impulsar as s\u00faas actividades.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Un cami\u00f1o que comeza<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tras a presentaci\u00f3n oficial, Saberes do Monte iniciar\u00e1 o desenvolvemento das primeiras actuaci\u00f3ns previstas nas cinco \u00e1reas piloto. Ao longo dos pr\u00f3ximos meses avanzar\u00e1 na caracterizaci\u00f3n dos h\u00e1bitats e dos servizos ecosist\u00e9micos que prestan, na procura de mecanismos innovadores de financiamento, no establecemento de acordos de custodia do territorio, na restauraci\u00f3n de \u00e1reas estrat\u00e9xicas e no impulso da marca colectiva Saberes do Monte, co obxectivo de contribu\u00edr \u00e1 conservaci\u00f3n da biodiversidade e ao fortalecemento dun rural vivo e din\u00e1mico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto Saberes do Monte celebrou este m\u00e9rcores a presentaci\u00f3n oficial na sede da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo. O encontro reuniu a preto de 70 asistentes, das entidades socias, instituci\u00f3ns colaboradoras, comunidades de montes, empresas e persoas vinculadas aos cinco territorios nos que se desenvolver\u00e1 o proxecto para compartir unha visi\u00f3n com\u00fan sobre o futuro &#8230; <a title=\"Pres\u00e9ntase o proxecto Saberes do Monte para impulsar un modelo de monte vivo nas monta\u00f1as galegas\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/presentase-o-proxecto-saberes-do-monte-para-impulsar-un-modelo-de-monte-vivo-nas-montanas-galegas\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Pres\u00e9ntase o proxecto Saberes do Monte para impulsar un modelo de monte vivo nas monta\u00f1as galegas\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6067,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[126],"tags":[],"class_list":["post-6065","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6065","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6065"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6065\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6069,"href":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6065\/revisions\/6069"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6067"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6065"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6065"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/saberesdomonte.artenovaclientes.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6065"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}