Saberes do Monte impulsa a conservación e restauración de hábitats de alto valor ecolóxico en cinco áreas de montaña de Galicia. O proxecto aposta por un modelo de monte vivo no que a conservación da biodiversidade e o desenvolvemento rural avanzan da man.
Grazas á participación das comunidades locais, busca novas fórmulas para recoñecer a contribución das persoas que coidan e manteñen o monte, xerando novas oportunidades para o territorio.
Promovemos saberes e actividades tradicionais vinculadas ao territorio, fundamentais para conservar a biodiversidade e impulsar a bioeconomía rural.
Gandería extensiva
Manexo tradicional de cabalos salvaxes
Apicultura
Ecoturismo
Saberes do Monte
Que imos facer
Conservar o territorio
Restauramos hábitats de montaña e melloramos a infraestrutura verde para reforzar a resiliencia do territorio fronte ao cambio climático e os incendios.
Recoñecemos a quen coida o monte.
Impulsamos novas fórmulas para apoiar as persoas que contribúen a manter vivo o territorio.
Creamos novas oportunidades.
Poñemos en valor produtos e actividades a través da marca Saberes do Monte, favorecendo un desenvolvemento rural sostible.